Hoxe tivemos unha reunión a sección de 1º e 2º de ESO para devolver os libros atrasados que aínda tiñamos na casa e cada un colleu unha lectura para o verán.
Tragalibros Club Lectura
Club de Lectura Tragalibros do Colexio Salesiano María Auxiliadora de Ourense.
xoves, 13 de xuño de 2024
mércores, 15 de maio de 2024
Video Letras galegas: lecturas en galego
Nos Bos días da semana das Letras galegas fixemos un video que se proxectou a toda a comunidade educativa no que recomendamos libros en galego. Quedounos moi chulo!
Actividade Letras galegas
venres, 3 de maio de 2024
Maio: preparamos actividade letras galegas
Este ano para celebrar o día das letras galegas decidimos facer en papel corrido con letras chulas e de cores versos da obra de Luisa Villalta para pegalas nos chanzos das escaleiras que van ao pasillo da ESO e así que todos os poidan leer ao subir por elas.
O venres 3 de maio fixemos unha reunión para elexir os versos que cada un faría e adicamos unha hora e media a ir facéndoos. Iremos acabando pouco a pouco esta semana e a próxima. 

venres, 19 de abril de 2024
Actividade abril: Día do libro
Un pouco máis do ben que o pasamos contos contos aos cativos de Infantil
Actividade abril: Día do libro
O 19 de abril conmemoramos o Día do libro indo as clases de Educación Infantil e lendo os contos que tiñamos preparados dende antes de Semana Santa. Foi unha actividade moi chula e motivadora. OS rapaces estaban atentos e aplaudíronnos moito. Hai 9 aulas e pasamos case todos polas 9 aulas a leer varios contos. Encantounos esta actividade!
xoves, 14 de marzo de 2024
Marzo: preparación día do libro
Durante o mes de marzo nos recreos fomos quedando en pequenos grupos para ir preparando a lectura de contos a cativos de Infantil que faremos en abril para conmemorar o día do Libro.
Ahí quedan algúns exemplos dos grupos que ensaiaron a lectura, a representación, a ambientaicón, etc para impresionar aos rapaces de Infantil.
venres, 12 de xaneiro de 2024
Rosco de Pasapalabra sobre DON BOSCO
Aproveitamos a celebración da festa colexial de Don Bosco e que estivemos lendo un cómic sobre a súa vida para facer unha actividade creativa moi chula. Trátase de un rosco sobre a vida de Don Bosco.
Foi moi divertido grabar e facer o rosco. Pasamos unha tarde moi entretida!!!!
Reunión Xaneiro 2024
Hoxe fixemos a primeira reunión do ano 2024. Voltamos das nosas vacacións de Nadal coas lecturas que flevamos en decembro feitas e dispostos a cambiar os nosos libros para seguir devorando lecturas.
Ademais este mes aproveitando que é o mes de Don Bosco no colexio levamos uns comics coa súa historia que son de moi fácil lectura e ademais acércanos máis a él.
martes, 9 de xaneiro de 2024
Actividade decembro-xaneiro: Libros de Nadal
Durante as vacacións escolares de Nadal fixemos os que puidemos un selfie cun libro sobre o Nadal e enviamolo ao grupo de Whatsap para recomendar lecturas navideñas ao resto do grupo.
Algunhas propostas foron as seguintes:
venres, 15 de decembro de 2023
Reunión de Nadal 2023
Rematamos o primeiro trimestre cunha reunión na aula magna na que eleximos libro de lectura para as vacacións de Nadal. Todos levamos un libro. Hai que aproveitar o tempo libre para darlle un impulso as nosas lecturas do primeiro trimestre.
xoves, 9 de novembro de 2023
Iniciamos o curso 2023-2024
Xulio explicou un pouco como será a dinámica do curso e acordamos as horas e días de reunións. Serán os venres que se acorde nos seguinteshorarios:
- 1º e 2º de ESO as 16:00
-3º e 4º de ESO as 17:00
venres, 16 de xuño de 2023
Última reunión do club Tragalibros
Reparto libros para verán de 1º e 2º de ESO
Hoxe tivemos unha reunión a sección de 1º e 2º de ESO para devolver os libros atrasados que aínda tiñamos na casa e cada un colleu unha lec...
























































